Mostrando postagens com marcador compost. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador compost. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

Concerto no Bar Tolo.



Alí estivemos, estrea dos Novos e Barbitúricos no Bar Tolo.

sexta-feira, 11 de novembro de 2011

sábado, 28 de novembro de 2009

sábado, 27 de junho de 2009

NOITE DO LASTRO



A noite do lastro xa é unha tradición das boas. Festa popular e diversión para tódolos públicos. Viva o barrio de San-Pedro compañeir@s! Este ano musicaron a noite as seguintes bandas galegas: Cuchufeiros, GalegoZ con Pulpiño Viascón, un Home Orquestra e os Fracasados de Antemano.

Cordiais saúdos do voso enviado especial ás festas de San-Pedro, saúde e un moi largo verán 2009.

Aproveito para despedir a actual conexión en Conxo (** agora volto á busqueda dunha nova wifi desencriptable **).
ton.

sexta-feira, 3 de abril de 2009

TROLL EN COMPOST

Pois sí, ó final foi un pedazo concierto no ata de agora descoñecido Bar TNT (El Poney Pisador). Antro pequeno pero matón que podedes encontrar no Ensanche. Non defrauda, 120% heavyrulo.

quinta-feira, 2 de abril de 2009

O BITXO BOLA NO BARTOLO

É posible un concerto "punk" no mítico Bartolo? Este mércores o Bitxo Bola (Cantautor Punx) demostrou de sobras que SÍ! Exitazo total e cheo hasta a bandeira, ou cheo hasta o futbolo, que estaba apalancado nun recuncho e o público presente sentábase enriba del, polo que por desgraza non se pudo botar unha partida.



Quero dar tamén un toque de atención: non pasedes do Bartolo. Xa sei que pensades que pecha cedo, pero é mentira! O Bartolo é auténtico patrimonio cultural do casco vello Compostelán.

sexta-feira, 12 de setembro de 2008

CONXO ROCK '08



Tevra, Akoso, Dirty Socks, Radio Polonio...

Vamos a bailar un Rock & Roll ó campo da festa ó lado da Igrexa.
Venres 12 de Setembro do 2008

segunda-feira, 1 de setembro de 2008

BAIXO OS ADOQUÍNS ESTABA A PRAIA

Nin de coña, ésto e Compost, é vaia, aquí non hai praia. Non te botarei de menos en Setembro, verán morto, xa rematou e chao.
Buuh, pero aínda así algo se pudo safar, e disfrutei como un enano nuns cantos festivais estivais desos.



Empezou o vran nas festas do Barrio de San Pedro, onde montaron un pequeno festival con Melech Mechaya (folk punki desde portugal) e Sonoro Maxín (disidentes do grupo Lamatumbá orixinal, decía Fokus). O resultado foi unha máis que decente festa popular, e xa podían tomar nota as comisións de festas oportunas, ja. Música en direto? Sempre.
Casualmente ou non, un par de semanas despois tamén puden ver a actual Lamatumbá no Festigal. En comparación e pugna direta, quedome pois, con Sonoro Maxín. A cuestión é que disfruto máis da cercanía dun pequeno concerto, máis que por calquera outra cousa, digo EU.

O 24 e 25 de Xuño foron dous días e dúas noites memorables en Compostela, hai que repetir, porque sí.



No plano festivaleiro houbo moita diversión no Festigal. Salvo o decepcionante direto dos suecos International Noise Conspiracy, vaia pouca merda espichada nun pau dun ghaliñeiro (tiña que soltar esto ou morría).

Xa en agosto, foi todo un ideón acudir con Demakrates i El Esbirro a Vigo para ver a Emir Kusturica. O recoñecible director de cine tocaba a guitarra na Non Smoking Orchestra do auténtico showman: Dr. Nelle Karajlic. Apoteósico fin de concerto (e de vran) con fuegos de artificio e sonando a toda tralla o Himno da Unión Soviética, sorprendente e desconcertante, a partes ighuais.

quinta-feira, 9 de junho de 2005

ROCK EM COSTA IV

ROCK EM COSTA IV
The Homens, Pollegros, Samesugas, Redullos e Postmortem.



Ir hasta o Castiñeiriño jode, que é todo costa arriba. Pero á hora de volver é o máximo, xa que é todo costa abaixo. Ou que pensabas?