C.S.O. Casa das Atochas_rua Atocha Alta 14_Corunha
A Casa das Atochas: un intento de modelar un proxecto de autoxestión horizontal
Funcionamento A Casa das Atochas é un Centro Social Okupado, onde conxugamos política e autoxestión das nosas vidas. A maneira de funcionar da Casa tenta non plaxiar os múltiples defectos da xestión piramidal; non hai xerarquía ningunha, non hai director*s nin dirixid*s. O noso órgano de xestión máis alto é a asamblea aberta dos luns (calquera pode vir e participar, propoñer, e debatir) a partires das 20:30 horas. Nela coordinamos o traballo da semana e dos vindeiros meses que teñen que ver coa Casa, as súas actividades, o reparto de tarefas, ou calquer actividade externa programada. Os colectivos que traballan na Casa fan o mesmo nas súas asambleas, e calquer problema pode ser debatido nas xuntanzas dos luns. As decisións non se fan por votación senón debatindo e procurando solucións que se acheguen ao consenso. Moit*s poden pensar que este sistema é imposible que funcione, pero o certo é que o fai, e desde a Casa tentamos ser un bo exemplo disto.
Actividades político/culturais
Na Casa das Atochas non hai ánimo de lucro, é dicir, nunca se organiza un concerto, palestra, actividade, obradoiro, etc., nin absolutamente nada, por cartos. Toda a xente que está a participar na Casa, que verás cociñando, limpando, atendendo nos eventos ou montando os próximos, faino voluntariamente e sen cobrar. É un compromiso duro pero necesario para a consecución dunha comunidade igualitaria. Absolutamente todo na Casa: cada mural pintado, cada obra realizada, ou cada comida servida, é/foi/e será feito deste xeito. Por mor disto, calquer interesad* en actuar na Casa, só recibirá cartos para compensar o transporte ata a Casa. Nós poñeremos a comida, a bebida, e, en caso de precisalo, un sitio no que durmir. Non é a nosa intención, nin ten sentido, apoiar circuitos comerciais, cando todo o demáis na Casa se fai de maneira voluntaria e participativa; agardamos que esta postura sexa respectada pol*s participantes en calquer tipo de actuación, concerto, palestra, obradoiro, etc., e no curso da súa estancia na Casa. Por outra banda, o noso anhelo de poder mudar o curso das cousas, polo menos na nosa realidade local, lévanos a solidarizarnos coas múltiples situacións nas que, ben sexa polo papel punitivo do Estado, ben pola ilusión doutr*s de cambiar as súas realidades persoais e locais; por isto, algúns concertos e actividades sirven de apoio a causas políticas e colectivos, afíns á nosa visión política e organizativa.
Respecto e convivencia
Para acadar unha alternativa real, desde a Casa das Atochas agárdase un mínimo respecto entre iguais, tanto por parte d*s asistentes como d*s participantes dos proxectos, actividades, asambleas, obradoiros, palestras, etc.; polo que as actitudes racistas, translesbohomófobas, a tortura animal, as drogas duras (agás o alcol ;)) e a violencia sen razón non forman parte da cotidianeidade da Casa e non serán benvidas. Porén, a igualdade, o respecto, a reciclaxe, o espírito participativo, o consumo consciente, a autoxestión e o saber estar en xeral son as actitudes que coidamos se desenvolvan no Centro Social Okupado Casa das Atochas.
Um comentário:
C.S.O. Casa das Atochas_rua Atocha Alta 14_Corunha
A Casa das Atochas: un intento de modelar un proxecto de autoxestión horizontal
Funcionamento
A Casa das Atochas é un Centro Social Okupado, onde conxugamos política e autoxestión das nosas vidas. A maneira de funcionar da Casa tenta non plaxiar os múltiples defectos da xestión piramidal; non hai xerarquía ningunha, non hai director*s nin dirixid*s. O noso órgano de xestión máis alto é a asamblea aberta dos luns (calquera pode vir e participar, propoñer, e debatir) a partires das 20:30 horas. Nela coordinamos o traballo da semana e dos vindeiros meses que teñen que ver coa Casa, as súas actividades, o reparto de tarefas, ou calquer actividade externa programada. Os colectivos que traballan na Casa fan o mesmo nas súas asambleas, e calquer problema pode ser debatido nas xuntanzas dos luns. As decisións non se fan por votación senón debatindo e procurando solucións que se acheguen ao consenso. Moit*s poden pensar que este sistema é imposible que funcione, pero o certo é que o fai, e desde a Casa tentamos ser un bo exemplo disto.
Actividades político/culturais
Na Casa das Atochas non hai ánimo de lucro, é dicir, nunca se organiza un concerto, palestra, actividade, obradoiro, etc., nin absolutamente nada, por cartos. Toda a xente que está a participar na Casa, que verás cociñando, limpando, atendendo nos eventos ou montando os próximos, faino voluntariamente e sen cobrar. É un compromiso duro pero necesario para a consecución dunha comunidade igualitaria. Absolutamente todo na Casa: cada mural pintado, cada obra realizada, ou cada comida servida, é/foi/e será feito deste xeito. Por mor disto, calquer interesad* en actuar na Casa, só recibirá cartos para compensar o transporte ata a Casa. Nós poñeremos a comida, a bebida, e, en caso de precisalo, un sitio no que durmir. Non é a nosa intención, nin ten sentido, apoiar circuitos comerciais, cando todo o demáis na Casa se fai de maneira voluntaria e participativa; agardamos que esta postura sexa respectada pol*s participantes en calquer tipo de actuación, concerto, palestra, obradoiro, etc., e no curso da súa estancia na Casa. Por outra banda, o noso anhelo de poder mudar o curso das cousas, polo menos na nosa realidade local, lévanos a solidarizarnos coas múltiples situacións nas que, ben sexa polo papel punitivo do Estado, ben pola ilusión doutr*s de cambiar as súas realidades persoais e locais; por isto, algúns concertos e actividades sirven de apoio a causas políticas e colectivos, afíns á nosa visión política e organizativa.
Respecto e convivencia
Para acadar unha alternativa real, desde a Casa das Atochas agárdase un mínimo respecto entre iguais, tanto por parte d*s asistentes como d*s participantes dos proxectos, actividades, asambleas, obradoiros, palestras, etc.; polo que as actitudes racistas, translesbohomófobas, a tortura animal, as drogas duras (agás o alcol ;)) e a violencia sen razón non forman parte da cotidianeidade da Casa e non serán benvidas. Porén, a igualdade, o respecto, a reciclaxe, o espírito participativo, o consumo consciente, a autoxestión e o saber estar en xeral son as actitudes que coidamos se desenvolvan no Centro Social Okupado Casa das Atochas.
Postar um comentário