"Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo."
(...)
"Sabedes cando se estreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame, ou cando se decatan que lles teñen medo. Por iso cáseque nunca atacan a tres ou máis xuntos. Cando se atopan un home soio pola serra, póñense a traballalo. Teñen moito distinto... Xa veredes cóma o traballan. De primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde, chéganlle a zorrega-las pernas cos rabos... Asín, poquiño a pouquiño. Vén un intre en que o home xa non pode máis. O medo alporizalle os cabelos. Parécelle que lle cravaran allambres na testa. Váiselle a voz, perde o sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos enriba dil i esnaquízano. Cada vinte anos ou menos, dáse por istas terras un caso dises. Desaparece un home. Crese que o mataron ou que fuxiu prás Américas. Ó cabo de dous ou tres anos ninguén fala dil. Un cazador atopa nunha xesteira unha calivera. De quen sería? Así lle aconteceu ó Pastrán de Vesuña, fai moitos anos. Mais si o home non perde o coraxe, non se estreven con il."
Ánxel Fole. OS LOBOS.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário