sexta-feira, 20 de março de 2009

BUEU, PUNK NO EXTRARRADIO

Non estiven o Venres, pero ahí vai unha foto do concerto de Gatillazo en Bueu publicada no Faro. MC andaba por alí, a ver se o encontrades.



Xunto con M e N, e non moi convencidos tíramos hacia Bueu, xa casi nos daban as 11 e collendo dirección Cangas atopamos a Sala Zona. Tarde, moi tarde para a Guerrilla Urbana, pero polo menos chegamos para ver o directo de GBH, punkis ingleses de mediados dos 80 que xa daquelas empezaban a cocer uns ingredientes máis "hardcore" na súa música.

City baby, city baby! attacked by rats!!

Quedaban logo EUKZ (que veñen sendo os Ultimo ke Zierre de todalavida). En sabias palabras de M: "Que che pareceron os Canto del Loco?". Pois si, como ECDL, pero mercadeando con bos recordos da nosa alegre juventud, que é moito peor.

Para que despois faledes mal de Gatillazo. Non comparedes, Evaristo xoga noutra liga. Jajaja.



Saúdos
Ton.

Nenhum comentário: