segunda-feira, 1 de setembro de 2008

BAIXO OS ADOQUÍNS ESTABA A PRAIA

Nin de coña, ésto e Compost, é vaia, aquí non hai praia. Non te botarei de menos en Setembro, verán morto, xa rematou e chao.
Buuh, pero aínda así algo se pudo safar, e disfrutei como un enano nuns cantos festivais estivais desos.



Empezou o vran nas festas do Barrio de San Pedro, onde montaron un pequeno festival con Melech Mechaya (folk punki desde portugal) e Sonoro Maxín (disidentes do grupo Lamatumbá orixinal, decía Fokus). O resultado foi unha máis que decente festa popular, e xa podían tomar nota as comisións de festas oportunas, ja. Música en direto? Sempre.
Casualmente ou non, un par de semanas despois tamén puden ver a actual Lamatumbá no Festigal. En comparación e pugna direta, quedome pois, con Sonoro Maxín. A cuestión é que disfruto máis da cercanía dun pequeno concerto, máis que por calquera outra cousa, digo EU.

O 24 e 25 de Xuño foron dous días e dúas noites memorables en Compostela, hai que repetir, porque sí.



No plano festivaleiro houbo moita diversión no Festigal. Salvo o decepcionante direto dos suecos International Noise Conspiracy, vaia pouca merda espichada nun pau dun ghaliñeiro (tiña que soltar esto ou morría).

Xa en agosto, foi todo un ideón acudir con Demakrates i El Esbirro a Vigo para ver a Emir Kusturica. O recoñecible director de cine tocaba a guitarra na Non Smoking Orchestra do auténtico showman: Dr. Nelle Karajlic. Apoteósico fin de concerto (e de vran) con fuegos de artificio e sonando a toda tralla o Himno da Unión Soviética, sorprendente e desconcertante, a partes ighuais.

Um comentário:

Ton. disse...

Moi de acordo co amigo anónimo.