#rocksalia #novembroneghro
terça-feira, 12 de novembro de 2024
segunda-feira, 11 de novembro de 2024
sábado, 9 de novembro de 2024
NOVEMBRO NEGHRO #10
"A nosa Terra é nosa. Xa se ten dito moitas veces. Mais agora decímolo nós, os desterrados. Os desterrados que vivimos en liberdade. Decímolo en nome de moitos miles de galegos que andan po-lo mundo. Decímolo, tamén, en nome de moitos miles de desterrados na propria Terra, dos que agardan por nós, dos que viven como fillos da morte, contando o tempo por noites.
A nosa Terra é nosa. Nada máis que nosa. Porque somos os únicos capaces de darlle luz á súa noite, pan âs súas demandas, diñidades â súa vida. Porque somos os únicos capaces de enxugar as súas bágoas de door.
A nosa Terra é nosa. De quén máis podía ser? Dos que a aldraxan? Dos que lle negan a fala e o pensamento? Dos que a encadean? Dos que a rouban? Dos que asasiñan aos seus fillos máis queridos? Dos que a ensumiron na iñorancia? Dos que a queren vender como esclava? Dos que lle negan o dereito a ser libre?
E quen somos nós para falarmos d-este xeito? Somos os galeguistas de todol-os partidos democráticos. SOMOS OS GALEGOS ANTIFEIXISTAS." Castelao, 1937.