"A historia da Catorse é a nosa."
Era a calle prinsipal do noso pueblo, chea de bares, locales de osio e nejosios.
Co permiso de todas e todos quero que sepades que vou a falar en jallejo do Jrove. Ante todo quero ajradeserlle ó noso Consello, encabesado polo alcalde José Cacabelos Rico, e ás conselleiras de Cultura e de Obras, Emma Torres e Ángeles Domínguez, a oportunidade que tuveron a bén ofreserme para faser esta breve presentasión da historia máis resiente desta calle, a máis emblemática e séntrica do Jrove.
Ten ajora un pouquiño máis de 100 anos, porque se abreu alá polo ano 1915 e resibeu o nombre de Avenida Augusto González Besada, un jallejo nasido en Tui que era Ministro de Fomento durante o reinado de Alfonso XIII. González Besada tamén promosionou as obras do Porto e Muelle do Jrove e as do Puente da Toxa.
A historia da miña familia e os seus vínculos a esta calle remóntase ós últimos anos da década dos 1930. Mais concretamente ós anos da Jerra Sivil que dolorosamente se viveu no noso país entre os anos 1936 e 1939. Meus abuelos paternos, seño Fransisco Padín e seña Carmen Martínez, viñeron a vivir pa unha casa que estaba aquí ó lado, onde hoxe se encontra a Pastelería Quico. Meus abuelos tiñan desde os anos 1920 na Plasa Darriba un nejosio que se chamaba Panadería y Pastelería La Constancia. E durante a jerra trasladaron a súa vivienda e máis o despacho da súa panadería/pastelería aquí mismo, na calle que daquela se chamaba Avenida González Besada.
Ainda que eu nasín no Corjo no ano 1951, cando tiña 4 anos viñen a vivir pá casa e nejosio de meus abuelos, seño Fransisco o dulseiro e seña Carme a poliña. Pouco despois de morrer meu abuelo o nejosio deixou de ser panadería e convirteuse en ultramarinos por un tempo, e por último nun estanco. Alí aprendín a vender pitillos Celtas, Picadura e Caldo de Jaliña (que era como se lle chamaba ó tabaco de liar), e uns puriños chamados Farias. No estanco tamén vendíamos papel timbrado e sellos de correos.
No ano 1964, cando eu apenas tiña 13 anos, meus pais e máis eu emijramos para Nova York e quedamos a vivir en Manhattan.
Despois de vivir alí máis de 45 anos, podo desir que conosín a moitos dos que lle puxeron o nombre de Catorse á calle Castelao.
A maior parte deles estaban embarcados e traballaban nos barcos de pasaxe da Holland America Line, que eles chamaban a "Americanlain". Cando chejaban a Nova York desembarcaban nos peiraos (Piers) que había no río Hudson, na parte oeste de Manhattan, e que se repartían entre as calles 14 e a 42. Na 14th Street, Calle 14, entre a Séptima e Décima Avenidas, era onde se encontraban restaurantes e tendas con dueños que eran españoles, maiormente jallejos. Esta sona de Manhattan chamábase "Little Spain", ou Pequena España, xa desde mediados do 1800.
Alí encontrábase a Casa Moneo, que era a tienda máis antijua de produtos españoles. Nesta misma calle había tamén dous clubes de caráter sosial, La Nacional e o Club España. Neles selebrábanse reunións, festas e bailes, para aqueles de nós que éramos emijrantes. No resinto de La Nacional tamén había un bar no que tomaban copas os que estaban de permiso dos barcos, codeándose con homes maiores que vivían esiliados en EEUU desde a Jerra Sivil española. La Nacional era un sentro liderado por personas de ideales Republicanos, e a maior parte dos sosios eran jallejos, ainda que había xente prosedente de outras partes de España.
Non moi lexos da calle 14, na 19, había unha fonda-pensión de unha muller da Illa de Arousa que se chamaba Casilda, onde tamén daban comidas e tiña mesas onde se podía ir tomalo café e chojala partida. A de seña Casilda, como se conosía, non se paresía en nada a un bar. Máis ben era coma o salón jrande dunha casa con unhas poucas mesas e ó lado unha cosiña. Alí, á de seña Casilda, tamén iban parar os do Jrove cando desembarcaban dos seus respetivos barcos, o Rotterdam, o Postdam, o Statendam... Pa moitos era unha forma de estar en contato co a xente do Jrove que emijrara a Nova York e que vivía alí xa fasía uns anos.
Alí podían chojala partida con Maure o Majariños (Mauricio Caneda, home de Paquita a Lorita), con Pepe o de Muros (home de Conchita a Sarajata), con meu pai (Paco Padín, delanteiro sentro histórico do Anduriña), con Miguel o Lobato e outros moitos. Toda esta atividade trascurría a sincoi calles da Catorse (14th Street).
Outra parada oblijatoria pa os do Jrove era a peluquería de miña nai, Rosita San Martín Moldes, que estaba na Octava Avenida e calle 18, a solo catro calles da Catorse. Alí viñan a visitar ós que nós chamábamos os "desembarcados", e moitas veses acababan vindo a senar á nosa casa, ou á casa de Maure e Paquita, que vivían no mismo edifisio onde miña nai tiña a súa peluquería, chamada Salón de Bellesa Madrid.
Mentras, aquí no Jrove, despois dos anos do Franquismo, entraron novas corporasións munisipales e a de prinsipios dos anos ochenta, liderada por Joaquín Álvarez Corbacho, cambiou moitos dos nombres das calles do noso pueblo. Foi nesa época que a avenida González Besada pasou a chamarse Castelao.
Volvendo a Nova York, neses mismos anos Pepe Alonso de Porriño, casado con miña tía, Florita San Martín Moldes, daquí do Jrove, abreu unha barbería na 14th Street, ou sexa, na Catorse, entre a Octava Avenida e a Novena. A barbería chamouse, El Grove Barber Shop. Meu tío tuvo esta barbería en sosiedá con outro do Jrove, Juan Manuel Costa, fillo de Juan Costa, o que tuvera barbería no Corjo.
Despois de visitar tantas veses a 14th Street de Nova York, moitos dos homes que andaban embarcados cando volvían Ó Jrove empesaron a chamarñe A Catorse á calle que ajora estaba pasando por un cambio de nombre, de González Besada a Castelao. ¿E porqué fasían esto? Pois porque era a calle prinsipal do noso pueblo, chea de bares, locales de osio e moitísimos nejosios, e por ser unha calle tan séntrica e chea de vida. De chiste empesaron a comparala coa calle 14th Street de Nova York onde eles se sentiran coma na casa.
E así, antes de que tuveran tempo a acostumbrarse a ese novo nombre de calle Castelao, o que empesou coma un chiste pronto se propajou entre tódolos do Jrove hasta o día de hoxe.
E así é como se implantou unha Catorse no Jrove, e un Jrove na Catorse (14th Street) de Nova York.
Artigo de Paco Padín-San Martín publicado orixinalmete na desaparecida revista SUSTANSIA.