O MASIMO! Acordádesvos deste festival no Corgho? Alghún animal disíalle Leghonaso Rock.
Fixéronse, creo, tres edicións: A primeira foi no ano 1997 enfrente do Finisterre (onde se poñían as orquestas no Carme) dese ano eu recordo ós asturianos Padoh Negro, a ritmo de Brujería.
No 1998 fíxose a segunda edición que foi no medio e medio do Corgho. Triunfou como a cocacola, bandas como Tupakamaru, Fame Neghra, Yellow Ones, The Marys Green Jungle, Amphetamine Discharge, Spiral Fish, Slurp e para terminar o dj Prozack (tiveron que cortarlle a electricidade porque xa era caballito de máis).
Xa en 1999 chegaba a terceira é última edición, que foi no antighüo Campo de terra do Montedavila. Non foi tan divertido como o anterior Sachaso, pero estivo ben tamén:
Saúde e Rock and Roll.
ton
sexta-feira, 9 de outubro de 1998
Assinar:
Postagens (Atom)